Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O 25 de novembro é unha data de reivindicación da non violencia contra a muller na que se recorda o asasinato das irmás Mirabal.

No ano 1960, as irmás Minerva, Patria e María Teresa Mirabal foron asasinadas por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo, do que eran opositoras. Desde 1981, Latinoamérica conmemora cada 25 de novembro o día contra a violencia de xénero e no ano 1999 a ONU sumouse a esta xornada reivindicativa declarando esta data como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

No noso Centro sumámonos a esta reivindicación e pedímosche que colgues nos taboleiros do recibidor mensaxes en contra da violencia de xénero. Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder a unhas fotos alusivas a este evento e o cartaz desta actividade.

"Á fin e ao cabo, o medo da muller á violencia do home é o espello do medo do home á muller sen medo."

Eduardo Galeano