Blacksad

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 15 de xuño, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de banda deseñada "Blacksad" de Juan Díaz Canales como guionista e Juanjo Guarnido como debuxante.

Despois de falar de "He visto ballenas", obra de Javier de Isusi, abordamos a lectura desta obra de banda deseñada e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

Día e hora do evento: 
luns, 15 Xuño, 2015 - 11:30 a 12:00