O Bosque dos Raposos Aforcados |
|
---|---|
![]() |
Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 13 de abril, na hora da pausa (11:30 - 12:00). Trataremos a novela de Arto Paasilinna "O bosque dos raposos aforcados". |
Despois de falar de "A casa dourada de Samarkanda", obra de Hugo Pratt, abordamos a lectura desta novela e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios. Se queredes descargar unha guía de lectura desta novela, premede sobre a seguinte ligazón. |
Día e hora do evento:
luns, 13 Abril, 2015 - 11:30 a 12:00