ENGURRAS

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o vindeiro luns, 26 de xaneiro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de Banda Deseñada de Paco Roca "Engurras".

Por outra banda, darémoslle a benvida a novos usuarios que desexen participar no noso club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

ANIMÁDEVOS!

Día e hora do evento: 
luns, 26 Xaneiro, 2015 - 11:30 a 12:00