La Mala Gente

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o vindeiro luns, 1 de decembro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de Banda Deseñada de Étienne Davodeau "La mala gente".

Pregamos aos lectores que teñan algún exemplar deste libro en empréstimo que axilicen a súa lectura para que poida ser emprestado ao resto de participantes.

Por outra banda, darémoslle a benvida a novos usuarios que desexen participar no noso club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

ANIMÁDEVOS!

Día e hora do evento: 
luns, 1 Decembro, 2014 - 11:30 a 12:00