O CSIC ofrece 475 contratos en prácticas para menores de 30 anos

O CSIC ofrece 475 contratos en prácticas para menores de 30 anos

A convocatoria enmárcase no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Os mozos que concluísen os seus estudos con posterioridade a xuño de 2011 e que figuren inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (menores de 30 anos) poderán optar a un dos 475 contratos de dous anos de duración que convoca o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). En concreto, o organismo ofrece 175 prazas en prácticas para titulados superiores (Licenciatura, Arquitectura, Enxeñaría ou título equivalente de grao) e 300 para técnicos superiores na mesma modalidade.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á Convocatoria e á Relación de Contratos.

Para máis información consulta a seguinte Páxina.

Share this post