Concurso Eduemprende Idea 2016

Concurso Eduemprende Idea 2016

No DOG do venres 29 de abril, publicouse a Resolución do 15 de abril de 2016 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:

-A: ciclos de grao superior
-B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG)

Pódese ampliar a información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea

Share this post