O mércores pasado recibimos a visita da Orquestra Xuvenil de Corda do CMUS de Santiago.

Está formada por alumnado de todas as especialidades instrumentais de corda, dende o terceiro curso das Ensinanzas Elementais ata o segundo curso de Profesional, con idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos.

Interpretou un programa didáctico que abrangueu distintos estilos e épocas dende o Renacemento ata o século XX, principalmente arranxos de obras clásicas adaptadas ao nivel técnico do alumnado.

Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.