"Historias del Barrio" e "A Causa do Crime"

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 30 de novembro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos as obras de banda deseñada "Historias del Barrio" de Beltrán e Seguí e "A Causa do Crime" de Tokio.

Despois de falar de "El árabe del Futuro", obra de Riad Sattouf, abordamos a lectura destas obras de banda deseñada e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

Día e hora do evento: 
luns, 30 Novembro, 2015 - 11:30 a 12:00