Charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil

O día martes 23 de xuño ás 11 da mañán no Salón de Actos do centro, Mª José Díez Casado, Técnica da Oficina de Emprego Santiago-Norte, dará unha charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil actualmente vixente.

Esta charla irá especialmente dirixida ao alumnado de 2º que remate o ciclo.

Dentro das súas actuacións destacamos o programa de prácticas non laborais, que remata o 31 de xullo. Estas prácticas serán realizadas baixo a supervisión e dirección dunha persoa que titorice os solicitantes e teñen unha duración entre seis e nove meses, tempo no que os participantes percibirán unha bolsa económica en relación á xornada desenvolvida.

Os destinatarios serán mozos e mozas entre os 18 e os 24 anos (ou menores de 30 no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%), que non estean a traballar nin a participar en actuacións educativas ou formativas e deberán estar inscritas na base de datos do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia.

Día e hora do evento: 
martes, 23 Xuño, 2015 - 11:00