Charla sobre o Protocolo de Evacuación

Charla sobre o Protocolo de Evacuación

O pasado xoves, 27 de novembro, celebrouse no noso centro unha charla sobre o protocolo de evacuación do centro á que asistiu o alumnado, profesorado e persoal de Administración e Servicios de nova incorporación.

Nesta actividade deuse a coñecer o Plan de Autoprotección e as accións que o persoal do centro ten que desenvolver cando se active. Esta formación foi impartida por ESeyPro S.L., tal como se recolle no seguinte documento.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas da actividade.

Share this post