Charla sobre o Protocolo de Evacuación

Charla sobre o Protocolo de Evacuación

No día de hoxe, xoves 13 de outubro, estase a celebrar no noso centro unha charla sobre o protocolo de evacuación do centro á que asiste o alumnado, profesorado e persoal de Administración e Servicios de nova incorporación.

Nesta actividade dase a coñecer o Plan de Autoprotección e as accións que o persoal do centro ten que desenvolver cando se active. Prema sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas da actividade.

Share this post