Celebración de Xornada Técnica


"Verificacións e introdución á Termografía"

Este xoves día 24 de xaneiro, desenvolveuse no CIFP Politécnico de Santiago unha xornada técnica sobre as PRESCRICIÓNS MARCADAS POLO REGULAMENTO ELECTROTÉCNICO DE BAIXA TENSIÓN PARA A REALIZACIÓN DE VERIFICACIÓNS, ASÍ COMO UNHA INTRODUCIÓN Á TERMOGRAFÍA

Esta actividade formativa desenvolvese grazas a estreita colaboración con HT Instruments. Erkan, alumno do ciclo de Sistemas Electrotécnicos e Automáticas, presentou a D. Jordi Plana, xefe de ventas de HT Instruments S.L., que foi a persoa que se encargou de desenvolver esta xornada, e D. Fernando Granero, Delegado Comercial de Galicia, agradecendo en nome do CIFP Politécnico de Santiago, a colaboración con esta empresa.

Asistiron 134 alumnas e alumnos e 15 profesores e profesoras, da familia profesional de Electricidade-Electrónica e Enerxía e Auga, que durante 6 horas recibiron formación relacionada coa seguridade na instrumentación, os equipos multifunción para a verificación de instalacións eléctricas segundo o REBT, o volcado dos datos obtidos no ordenador e unha introdución á Termografía. Trátase dunha formación que está incluída nos currículos de varios títulos das familias profesionais mencionadas e foi impartida pola persoa e empresa que consideramos ten moita experiencia e manexa información actualizada. 

Con este tipo de actividades a Formación Profesional e o CIFP Politécnico de Santiago  sigue colaborando coas empresas do entorno produtivo para que alumnado e profesorado podan  estar actualizados. 

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post