Celebración de Xornada Técnica


"Tramitación de instalacións eléctricas e de ICT"

Este pasado xoves día 17 de xaneiro, desenvolveuse no CIFP Politécnico de Santiago  a xornada técnica de TRAMITACIÓN DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E DE INFRAESTRUTURAS COMÚNS DE TELECOMUNICACIÓN

Esta interesante actividade formativa desenvolvese gracias a estreita colaboración con ASINEC (Asociación Provincial de Industriales Electricistas y de Telecomunicaciones de A Coruña). Erkan, alumno do ciclo de Sistemas Electrotécnicos e Automáticas, presentou a D. Rafael Suárez Méndez, Secretario-Xerente de ASINEC, que foi a persoa que se encargou de desenvolver esta xornada e agradeceu en nome do CIFP Politécnico de Santiago, a colaboración de ASINEC.

Asistiron 130 alumnas e alumnos e 14 profesores e profesoras,  da familia profesional de electricidade-electrónica, que durante 6 horas recibiron formación relacionada cos procedementos técnicos e administrativos para tramitar instalacións eléctricas de alta e baixa tensión e tamén de instalacións de telecomunicación. Trátase dunha formación que está incluída nos currículos de varios títulos da familia profesional de  electricidade electrónica e foi impartida pola persoa e entidade que consideramos ten moita experiencia e manexa información actualizada. 

A primeira parte desenvolveuse no salón de actos e a segunda na aula Schneider. Na primeira parte analizáronse todos os aspectos técnicos da tramitación de instalacións eléctricas e de telecomunicacións así como os requirimentos para dar de alta empresas deste sector. Na segunda parte realizáronse exemplos prácticos nos que as persoas asistentes adquiriron as competencias para cumprimentar a documentación técnica de tramitación de instalacións eléctricas de baixa tensión.

Con este tipo de actividades a Formación Profesional e o CIFP Politécnico de Santiago  sigue colaborando coas empresas do entorno produtivo para que alumnado e profesorado podan  estar actualizados. 

Dende o CIFP Politécnico de Santiago agradecemos a ASINEC e a todas as empresas asociadas, e en particular a D. Rafael Suárez Méndez, a transferencia de coñecementos que vai asociada a estas xornadas.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post