Celebración de Xornada Técnica


"SENSORES EMPREGADOS nos procesos industriais"

Este xoves día 7 de febreiro, desenvolveuse no CIFP Politécnico de Santiago unha xornada técnica sobre SENSORES EMPREGADOS nos procesos industriais.

Esta actividade formativa desenvolvese grazas a estreita colaboración de Dielectro Industrial (Delegación de Santiago de Compostela) co CIFP Politécnico de Santiago. Por parte de Dielectro Industrial asistiron Juan Carlos Míguez García, Director Delegación Santiago de Compostela e Diego Capdeville D´Amato, Técnico-Comercial desta delegación.

Impartiu esta xornada Diego Capdeville D´Amato á que asistiron 18 alumnos de segundo curso do ciclo superior de Automatización e Robótica Industrial e 5 profesoras e profesoras. Durante 4 horas recibiron unha formación actualizada e eminentemente práctica, relacionada coa tipoloxía de sensores que se empregan nos procesos industrias.

A xornada desenvolveuse en horario de tarde 15 a 17 horas cos seguintes contidos e obxectivos:

OBXECTIVOS:

• Identificar as diversas tecnoloxías mais utilizadas en procesos industriais.
• Interpretar as particularidades dos sensores, a súa conexión e integración nun proceso industrial

CONTIDOS:

Fundamentos de Sensores
• Sensores mais habituais nas aplicacións industriais.
• Clasificación de sensores.
• Tipos de conexión de sensores.

Prácticas de funcionamento dos sensores
• Conexión sensor - actuador
• Conexións pasivas-activas
• Avaliación do funcionamento dos diversos tipos de Sensores.

Iniciouse esta xornada coa presentación do Director da delegación de Dielectro Industrial de Santiago de compostela, Juan Carlos Miguez García, e do relator, Diego Capdeville D´Amato. A continuación Diego Capdeville, realizou una introdución aos tipos de sensores e a continuación realizáronse seis prácticas de conexionado e parametrización de diferentes tipos de sensores.

Con este tipo de actividades, a Formación Profesional e o CIFP Politécnico de Santiago sigue colaborando dede fai moitos anos con Dielectro Industrial para que alumnado e profesorado podan estar actualizados.

O CIFP Politécnico de Santiago agradece a Dielectro Industrial e en particular a Juan Carlos Miguez García, Director Delegación Santiago de Compostela e Diego Capdeville D´Amato, Técnico-Comercial desta delegación, a colaboración con este centro dende fai mais de 15 anos, contribuíndo desta forma á transferencia de coñecementos e experiencia dende o entorno produtivo.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post