Celebración de Talleres

Desde o 14 de marzo estanse a celebrar uns talleres de primeiros auxilios no noso centro, nos que participará todo o alumnado dos ciclos formativos, medios e superiores, de primeiro ano.

Impartidos por profesionais sanitarios da Cruz Vermella de Santiago, nestes obradoiros trabállanse de forma práctica distintas técnicas para que o alumnado saiba como actuar ante unha emerxencia mentras non chegan os profesionais cualificados.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías do evento de hoxe.

 
 
 
 

 

 

Share this post