Celebración dos talleres de busca de emprego

O xoves 8 de febreiro, organizados polo departamento de FOL en colaboración co DIOP,  desenvolvéronse en xornada de mañá e tarde  dous talleres de busca de emprego dirixidos a todo o alumnado do centro de segundo curso.

Con esta actividade, mostróuselle ao alumnado a importancia de planificar con detalle a  procura de emprego tendo en conta  o seu perfil profesional e dotóuselle das técnicas necesarias para ter un maior éxito nos procesos de recrutamento.