Formación Profesional


II Edición da High Tech Auto nos centros de FP de Galicia

O pasado venres, 30 de abril, celebrouse unha xornada telemática de presentación de High Tech Auto Incubadora no CIFP Politécnico de Santiago. Esta actividade dirixiuse aos centros educativos que ofertan ciclos formativos das familias de Transporte e mantemento de vehículos, Electricidade e electrónica e Instalación e mantemento, e aos centros con viveiros de empresas.

A HTA Incubadora é unha iniciativa froito da colaboración da Xunta de Galicia, o consorcio da Zona Franca de Vigo, e a Fundación INCYDE, para o desenvolvemento de ideas empresarias no ámbito do sector da automoción, o sector auxiliar de compoñentes e os servizos avanzados para a industria da automoción.

Na xornada, que desenvolveuse online, participou alumnado de 1º CS Automoción, 1º SIEAUT e 1º IEEA. Nesta actividade trasladouse aos centros, profesorado e alumnado interesado os obxectivos, o funcionamento da incubadora, e os prazos para a presentación de ideas á convocatoria actualmente aberta (ata o 21 de maio).

Share this post