Hoxe celebramos unha homenaxe a Xosé Neira Vilas consistente na lectura dunha selección de contos da obra Contos de tres mundos.

Participaron as alumnas Adriana e Lara, do CS de Laboratorio e Control de Calidade; Víctor, do CS Sistemas Electrotécnicos e Automatizados; e Carlos e Kevin, do CM Instalacións Eléctricas e Automáticas.

Moitas grazas a todos eles.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.