Enviado por tojo a Xov, 25/01/2018 - 13:56
Tramitación de Instalacións Eléctricas e de ICT

Onte levouse a cabo no noso centro unha acción formativa para o alumnado de ciclo medio e superior con contido nos seus currículos relacionado coa tramitación das instalacións eléctricas e de telecomunicación.
Rafael Suárez Méndez, secretario xeral de ASINEC (Asociación provincial de Industriais Electricistas e de Telecomunicacións de A Coruña), impartiu esta comunicación na que se estudaron os trámites necesarios para realizar as mencionadas tramitacións.
Estas son unhas fotos conmemorativas do evento.