Celebración dos talleres de economía social

Os días 15 e 19 de febreiro, e organizados polo departamento de FOL en colaboración coa coordinación de emprendemento, tiveron lugar dous talleres sobre economía social aos que asistiu o alumnado de segundo curso de todos os ciclos medios.

A actividade, que levaba por título “Descobre a economía social” foi impartida por un técnico da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social e tiña como obxectivo dar a coñecer a economía social, as fórmulas empresariais que a conforman e as súas características e particularidades.