Técnicas de busca que emprego

Organizado polo Departamento de Formación e Orientación Laboral, tivo lugar o taller sobre técnicas de busca de emprego para o alumnado de 2º curso de FP básica os días  11 e 18 de abril en horario de 10 a 11:30.

O  contido do taller centrouse en que o alumnado  adquirira as habilidades básicas á hora de enfrontarse a un proceso de selección de persoal: autocoñecemento, CV, habilidades de comunicación verbal e non verbal e carta de presentación.