Familia Profesional "Química" e "Enerxía e Auga"

O mércores, 21 de febreiro celebrouse unha mesa redonda destinada ao alumnado e profesorado das familias profesionais de "Química" e "Enerxía e Auga".

Participaron dona Marta Lores Aguín (Catedrática Acreditada da USC e emprendedora "i-Grape"), dona Cristina Casas Pérez (Responsable na empresa Viaqua) e dona Olaya González Caramés (Traballadora na empresa Ramsa do grupo Ferroglobe).