Celebración de Mesa Redonda


"Madeira, moble e cortiza"

A terceira das xornadas das Mesas Redondas foi para o alumnado do Departamento de Madeira, Moble e Cortiza, o mércores 20 de febreiro.

Na mesma contamos coa presencia dunha profesional do Sector actualmente adicada á investigación como Técnica Xera no CIS Madeira, Monserrat Rodríguez Ojea, un ex alumno de Ciclos Formativos de carpintería e Moble, Raúl Busto, Xefe de equipo na empresa Martínez Otero, Contract e Álex Álvarez Sala, fundador e CEO de VigTab Boards, en representación dun equipo multidisciplinar creadores de táboas de long e skate artesanais.

O alumnado tivo ocasión de coñecer distintas traxectorias e experiencias no sector e os contrastes existentes en actividades de áreas e contornas de traballo distintas con metodoloxías e procesos de producción diferenciados.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post