Madeira, Moble e Cortiza

O Dpto de Madeira en colaboración coa Coordinación de Emprendemento organizou a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este martes 20 de febreiro.

Na mesma contamos coa presencia de: Rocío Estraviz Prado, copropietaria de Diseñodecocinas Métrica7, empresa especializada  no diseño de cociñas personalizadas e Rodrigo Mosquera Corral, ex alumno do centro e promotor de Ebanistería TresOficios, adicada ao deseño e fabricación de mobles e outros obxectos do fogar conservando os sistemas constructivos tradicionais. Dúas persoas mozas, que tras experiencias diversas traballando por conta allea e en negocios familiares  decidiron aventurarse no camiño  do emprendemento.

Contaron a súa traxectoria e  os pros e contras das dúas opcións de traballo, cun balance positivo que se decanta polo traballo por conta propia facendo fincapé sobre todo na paixón e na satisfacción que supón traballar para un mesmo e naquelo que a un lle gusta.

Se premes na seguinte ligazón accederás a unhas fotos do evento.