Celebración de Mesa Redonda


"Fabricación Mecánica"

A segunda xornada das mesas redondas foi adicada ao alumnado das familias profesionais de Fabricación Mecánica e de Instalación e Mantemento organizado polos responsables das mesmas e a coordinadora de Emprendemento.

Na mesma contamos coa presencia de Juan Carlos Fernández Padrón, Director Xeral de STAC, Javier Rodríguez Vilela, Xerente Industrial de CASTROSUA e Roberto Turnes Rey, ex alumno do noso centro  e Director Deportivo e Xerente de Haras de Compostela.

Abreu a mesa o ex alumno do centro, que despois de facer o ciclo, continuou con una enxeñeria, acabando cun proxecto de emprendemento relacionado coa súa afición polos cabalos, recalcou  a importancia  da paixón no que un fai e como os estudos realizados ainda sen ter una relación directa coa idea do seu proxecto lle aportaron coñecementos de aplicación ao mesmo.

Por outra banda, o alumnado  tivo ocasión de coñecer  máis a fondo dúas empresas do sector pero de actividades ben diferentes, unha de carrozaría de autocares con máis de 70 anos de experiencia, que tal e como dixo o xerente industrial  ten tres pilares fundamentais: a aposta decidida pola innovación, a súa vocación internacional e o desenvolvemento de alianzas estratéxicas. Posteriormente, outra  máis xoven (12 anos), pero en rápida expansión,especializada na fabricación de productos para o sector do cerramento en aluminio, que coida ao milímetro o deseño, tratando de responder aos requisitos de calidad e innovación que esixe o mercado actual.

Tres empresas con actividades claramente diferentes pero que incidiron en varios puntos en común, como a importancia da formación complementaria e a actualización e o non conformismo para a mellora persoal e profesional.  

Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder ao cartaz e unhas fotografías da xornada.

 
 
 

 

Share this post