A semana pasada celebramos as Letras Galegas, dedicadas a Carlos Casares, cun monólogo protagonizado por Serafín Marcos e unha conferencia impartida por Xaime Lis.

Ás dez e media da mañán recibimos a Serafín Marcos, quen representou a obra "As paisaxes de Carlos Casares" e pola tarde, ás catro, Xaime Lis impartiu unha conferencia co título "A banda deseñada en galego".

Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.