Celebración de Actividade Formativa


"Finanzas para mortais"

O pasado xoves 20 de decembro, desenvolveuse no centro una acción formativa do programa “Finanzas para Mortais” encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende, co obxectivo de fomentar a cultura financeira e o emprendemento no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía.

Esta actividade foi impartida Isabel Fraga Paleo, executiva responsable en entidades financieiras, e estivo dirixida ao alumnado e profesorado titor de proxectos de centros educativos sostidos con fondos públicos de distintos niveis educativos entre eles, de ciclos formativos e á Rede de viveiros de empresa en centros educativos de Formación Profesional.

 
 

 

 

Share this post