Apaixónate 2018

O pasado sábado, 14 de abril, tivo lugar no noso centro a xornada formativa "Apaixónate 2018", centrada en como a paixón polo que se fai é un camiño máis doado de cara ao éxito. Cun variado programa, que incluiu a ponentes tan diversos como David Amor (actor e humorista) e Diego González Rivas (ciruxano torácico), insistiuse en como a paixón polo que fas pode cambiar a túa vida.

Engadimos unhas fotos desta xornada.