Celebración de Actividade Formativa


"Eduemprende Actúa 2018-19"

O pasado xoves 17 de xaneiro desenvouse no centro una acción formativa baixo o título de “A actividade emprendedora como chave para o teu futuro” e destinada ao alumnado de 2º de Ciclos Formativos.

Coa finalidade de visualizar o emprendemento entre o alumnado como una opción clara de empregabilidade interveu David García, de Mudanzas DAVID, quen nos falou da súa traxectoria profesional e o elemento diferenciador que implantou na súa empresa, consistente nun sistema de almacenaxe e transporte para a protección de mobiliario e enseres. Ademais, participou Fátima Rodríguez Figueira da Promove Consultoría.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post