Os días 2,3, e 4 de maio o alumnado de primeiro curso de todos os ciclos formativos, participaron nos talleres de primeiros auxilios que foron organizados polo Departamento de FOL e impartidos por persoal de Cruz Vermella de Santiago.

A asistencia a esta actividade permitiu aos participantes a adquisición de habilidades e destrezas básicas na prestación dos primeiros auxilios e en particular no referido ás técnicas de reanimación cardiopulmonar.