Mesa Redonda

Desde a Coordinación de Emprendemento  e o Departamento de Madeira  organizouse a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 21 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous  xovenes emprendedores do sector,  Inazio Abrao Gómez  e Borja  López Pérez.

O alumnado tivo ocasión de coñecer a súa  experiencia no sector, a evolución na súa traxectoria e os contrastes existentes en dúas actividades do mesmo ámbito de traballo ( o deseño en madeira) pero con metodoloxías e procesos de producción diferentes.