Mesa Redonda

Desde a Coordinación de Emprendemento e o Depto de Fabricación Mecánica, organizouse a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 24 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous empresarios, Higinio Marqués Gallo, Director técnico de Troqueles e Moldes de Galicia, TROMOSA, e Andrés Quintá Cortiñas, fundador e presidente do grupo Quintá, do que a empresa matriz é EXTRUGASA.

Ambos os dous pertencen a empresas cunha longa traxectoria que constitúen un referente no seu sector, e asentando como un dos seus pilares de crecemento a inversión en I+D+i . A primeira adicase á fabricación de  moldes para inxección de plástico sobre todo para  o sector da automoción, aeronáutica e productos plásticos para transporte e embalaxe de productos para o sector primario e a segunda á extrusión de perfiles de aluminio e acabados en Lacado e Anodizado, mecanización de perfilería industrial e investigación e desenvolvemento de plataformas flotantes para cultivos marinos.

O alumnado respectivo tivo ocasión de coñecer a súa  experiencia no sector, a evolución na súa traxectoria e as diferencias de emprender por conta propia en tempos distintos e sobre todo as estratexias de manterse malia os tempos de crise presentes.