Desde a Coordinación de Emprendemento e o Departamento de Electricidade e Electrónica organizouse a mesa redonda para dita familia  que se desenvolveu este pasado 23 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de J. Angel Taboada e Eva Mª Ben Garea, investigador principal e xestora do proxecto Life-Opere, que viñeron a presentar, do Laboratorio de sistemas do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, e Lucía Lampón Bentrón, responsable de Enerxía en Vagalume- Energía.

O alumnado coñeceu por unha banda a metodoloxía e as vantaxes dun proxecto de implantación de sistemas de eficiencia enerxética en grandes edificios na área da USC ( no Campus vida en concreto) e por outra a actividade dunha empresa de recente creación que conseguiu consolidarse como un referente nos sector das enerxias renovables e a eficiencia enerexética con una amplia carteira de servicios, como una solución eficaz para evitar os vaivens que se producen no sector eléctrico.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas da actividade.