O Departamento de Automoción e a Coordinación de Emprendemento organizou a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 20 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous ex alumnos, J. Manuel Vilariño Amenal, Responsable de postventa en  Compostela Móvil. e Juan A. Caamaño Martínez, Xerente de San Marcos  Automoción.

O alumnado respectivo tivo ocasión de coñecer a súa  experiencia no sector, a evolución na súa traxectoria e as vantaxes e inconvintes de traballar por conta allea ou emprender cor conta propia malia os tempos de crise presentes.