Letras Galegas 2021


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, hoxe recibimos a visita de Serafín Marcos, quen presentou no CIFP Politécnico de Santiago o espectáculo "De Carballo Calero a Xela Arias". Nesta actuación, o actor noiés fixo un percorrido pola vida e obra da escritora homenaxeada este ano Xela Arias; dedicando unha parte da súa representación a Ricardo Carvalho Calero, galardoado o ano pasado, pero sen apenas difusión debido á situación grave de pandemia en que nos atopábamos.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post