O derradeiro libro de Emma Olsen

O venres desta semana tivo lugar a quinta reunión do club de lectura do curso 2020-2021 na hora do descanso, na que falamos de O derradeiro libro de Emma Olsen. Trátase dunha adaptación á banda deseñada, da man de Pablo Prado, da novela homónima de Berta Dávila. Nela, unha afamada escritora estadounidense volta á súa vila natal para afrontar os seus últimos meses de vida, aqueixada por unha enfermidade terminal. Esta volta á infancia e xuventude permitiralle poñer en orde os seus recordos e plasmalos na súa derradeira obra.

Polas circunstancias actuais da pandemia mundial, a reunión tivo lugar de forma mixta: presencial e a distancia por medio de Cisco Webex.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 26 de febreiro, e trataremos Ricardo Carvalho Calero: Coraçom de terra. 

Share this post