Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental

Para o próximo luns 7 de marzo, dentro das charlas divulgativas da USC, está acordada a seguinte: “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental”.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Nela describirase a Enxeñaría Ambiental e a Biotecnoloxía Ambiental, abordándose algúns exemplos representativos da súa importancia actual: procesos de descontaminación de augas residuais urbanas e industriais, bioremediación de solos, efluentes gasosos, así como os novos procesos de valorización (biocombustibles, bioplásticos, etc.). Tamén abordaranse as expectativas de desenvolvemento deste sector a nivel galego, nacional e internacional.

Impartida por: Francisco Omil Prieto. Catedrático. Subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Universidade de Santiago de Compostela.

Lugar: Salón de actos.

Organizan: Departamento de Información e Orientación / Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Día e hora do evento: 
luns, 7 Marzo, 2016 - 12:00