Proxecto Iniciativa Xove: USO DE BIORREACTORES

Proxecto Iniciativa Xove: USO DE BIORREACTORES

O próximo venres 3 de Outubro teremos no corredor de entrada do CIFP Politécnico de Santiago de 10:00 a 13:00 a exposición do “Uso de Biorreactores”. Están convidados os xovenes de Santiago e comarca.

Este proxecto busca unha pequena iniciación no manexo dos biorreactores, para a posteriori usalo no tratamento dos residuos.

Buscamos dar a coñecer a algúns centros educativos de Santiago e comarcas os usos e aplicacións dun biorreactor, pois este tipo de aparellos cada vez están máis presentes nen certas industrias, como poden ser as industrias farmacéuticas, químicas e inclusive as que están a traballar na reciclaxe.

Realizaremos unha serie de experiencias nun laboratorio para a súa posterior difusión neses centros citados con anterioridade, mediante o reparto de contidos audiovisuais ao profesorado.

O principal obxectivo perseguido é mostrar aos alumnos de diferentes centros de ensinanza os usos e aplicacións dun biorreactor, intentando espertar neles unha certa inquedanza científica.

Share this post