O CIFP Politécnico de Santiago inaugura as Xornadas Técnicas 2019-2020 cunha interesante actividade adicada as enerxías renovables.

En colaboración coa empresa METALUX impartirase, o martes 22 de Outubro, a xornada técnica sobre Enerxía Solar Fotovoltaica. Esta actividade será impartida por Manuel Andrés Carballeira Lamas (Director Técnico), Diego Capdeville D´Amato (Técnico dpto. de Industria) e Juan Carlos Míguez García (Dpto. Comercial).

Esta actividade está organizada en dúas partes:

- Na primeira parte farase un análise da normativa de aplicación e tipoloxía en instalacions fotovoltaicas illadas e conectadas a rede. Finalizará esta primeira parte co desenvolvemento de casos prácticos.

- A segunda parte teremos unha exposición de equipamento relacionado con este tipo de instalacións:

* Instrumentación de HT.
* Protección sobretensiones  OBO.
* Protección y seccionamiento GAVE.
* KITS fotovoltaicos:

· Aislada de pequeña potencia.
· Aislada de mediana potencia.
· Autoconsumo “plug & Play”.
· Autoconsumo con strings.

A planificación horaria prevista é a seguinte:

8:30  a  11:30 Parte teórica (Salón de Actos)
11:30 a 12:00 Descanso.
12:00 a 13:00 Parte práctica (Vestíbulo principal)

Prazo de inscrición: Ata Luns 21-10-2019 ás 10:00

Nas seguintes ligazóns podes descargar o programa da xornada e a ligazón para facer a preinscrición.

 
 
 

 

Día e hora do evento: 
martes, 22 Outubro, 2019 - 08:30 a 13:00