"Talleres de Primeiros Auxilios 2019"

Un novo curso volven ao noso centro os talleres de primeiros auxilios. Durante cinco días serán desenvolvidos estes talleres onde está previsto que participe o alumnado de todos os ciclos formativos (medios e superiores) de primeiro ano.

Impartidos por profesionais sanitarios da Cruz Vermella de Santiago, nestes talleres serán tratados os aspectos básicos que todas as persoas deberían coñecer sobre primeiros auxilios.

Trátanse de obradoiros interactivos onde o alumnado poderá realizar diferentes prácticas como a reanimación cardiopulmonar, centrando a atención no actuación a seguir perante unha urxencia onde existan danos nas persoas.

Da mesma maneira, nesta actividade tamén serán desenvolvidos outros temas como a actuación perante queimaduras, asfixias por corpos estraños, roturas óseas, etcétera.

O xoves 14 de marzo, en horario de 15:30 a 17:00 horas, decorreu o primeiro destes talleres, na sala de aulas 25 (no segundo andar do edificio principal) ao que asistiu o alumnado do primeiro curso dos ciclos superiores de Construcións metálicas (Dual) e Mantemento electrónico (Dual) e do ciclo medio de Carpintaría e moblaxe (Dual), xunto co profesorado desa faixa horaria.

Mañán terá lugar último destes talleres, estando previsto que asista o resto de alumnado do primeiro curso dos demais ciclos formativos.

A continuación, publícase os cartaces correspondentes á sesión de hoxe e a de mañán.

 
 
 

 

Día e hora do evento: 
xoves, 14 Marzo, 2019 (All day) a venres, 5 Abril, 2019 (All day)