Desde o CIFP Politécnico de Santiago invitamos aos centros da comarca a realizar unha visita ao noso centro educativo, co fin de que o alumnado dos últimos cursos da ESO e Bacharelato coñeza máis de cerca a Formación Profesional e vexa nela una alternativa máis de formación. Con este fin organizamos a Semana de Portas Abertas desde o 29 de xaneiro ao 2 de febreiro.

Nesta visita ofrecerémoslle información ao alumnado sobre:

· O CIFP Politécnico de Santiago.
· O acceso aos ciclos medios e superiores.
· As familias profesionais que ofertamos: Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica, Transporte e mantemento de vehículos, Madeira, moble e cortiza, Instalación e mantemento e Química.
· Os ciclos medios e superiores que se cursan neste centro.
· O Viveiro de empresas do centro.
· O proxecto de FP Dual en Galicia.

A programación prevista consta dunha pequena introdución no Salón de Actos, un recorrido pola exposición no vestíbulo e unha visita guiada polas instalacións do centro para que coñezan os talleres onde se imparten os diferentes ciclos e os equipamentos dos que dispoñen.
Este ano recibiremos a visita dos seguintes centros educativos:

- IES AS INSUAS    (MUROS)
- IES ESPIÑEIRA    (BOIRO)
- IES ARCEBISPO XELMÍREZ II (SANTIAGO)
- C.P.I. DE BEMBIBRE (VAL DO DUBRA)
- CPI DE ZAS (ZAS)
- CPI DE VEDRA (VEDRA)
- CPI CAMIÑO DE SANTIAGO (O PINO)
- COLEXIO PLURILINGÜE NUESTRA SEÑORA DE LOS REMEDIOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
- IES MACÍAS O NAMORADO (PADRÓN)
- CPI DOS DICES (ROIS)
- IES CAMILO JOSÉ CELA (PADRÓN)
- IESP A CACHADA (BOIRO)
- IES PONTEPEDRIÑA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
- CPI ARMANDO COTARELO VALLEDOR (BOIMORTO)
- IES DE PORTO DO SON (PORTO DO SON)
- CPI ANTONIO ORZA COUTO (BOQUEIXÓN)

 

Día e hora do evento: 
luns, 29 Xaneiro, 2018 (All day) a venres, 2 Febreiro, 2018 (All day)