"Emprende baixo a fórmula cooperativa: persoas, empresas e sociedade"

Hoxe comezan as charlas sobre cooperativismo: “Emprende baixo a fórmula cooperativa: persoas, empresas e sociedade”.

O obxectivo principal desta actividade é mostrar as vantaxes e particularidades da economía social e o cooperativismo en colectivos que nun curto período de tempo estarán accedendo ao mercado laboral. Perséguese en concreto:

    • Achegar a economía social ao alumnado.
    • Dar a coñecer as características e particularidades da economía social.
    • Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

As charlas serán impartidas por Álex Pereira, mentor, consultor e formador da Rede EuSumo de Cooperativismo e Economía Social, e nelas desenvolverá os seguintes contidos:

    • Que é a economía social?
    • As cooperativas. Características e particularidades. Clases de cooperativas.
    • A cooperativa de traballo asociado como fórmula de emprendemento colectivo.
    • Apoios e financiamento ás cooperativas.

Hoxe, martes 11 de febreiro ás 17:00 horas e na sala de aulas 25 (segundo andar do edificio principal do noso centro) decorrerá a primeira destas charlas cuxo destinatario é o alumnado dos ciclos da quenda de tarde:

    • CM de Electromecánica de vehículos automóbiles B.
    • CS de Construcións metálicas Dual.
    • CS de Sistemas electrotécnicos e automatizados Dual.
    • CS de Mantemento electrónico Dual.
    • CS de Carpintaría e moblaxe Dual.

Mañá, mércores 12 de febreiro ás 18:30 horas e na sala de aulas 25 terá lugar a segunda, sendo o seu destinatario o alumnado dos ciclos de quenda de tarde:

    • CS de Automatización e robótica industrial.
    • CM de Instalacións de telecomunicacións B.
    • ZS de Laboratorio de análise e control de calidade Modular.

Estas charlas terán continuación o mércores 19 de febreiro na sala de aulas 25, sendo o seu destinatario o alumnado dos ciclos medios de quenda de mañá. Haberá dúas charlas. A primeira comezará ás 10:30 horas e os ciclos asistentes serán:

    • CM de Instalacións eléctricas e automáticas A.
    • CM de Electromecánica de vehículos automóbiles A.
    • CM de Carrozaría A.
    • CM de Instalacións e amoblamento A.

Ese mesmo día e no mesmo lugar decorrerá a segunda charla comezando ás 12:00, sendo os ciclos asistentes:

    • CM de Instalacións de telecomunicacións A.
    • CM de Soldadura e caldeiraría A.
    • CM de Operacións de laboratorio A.

Todas estas charlas terán unha hora de duración.

Día e hora do evento: 
martes, 11 Febreiro, 2020 (All day) a mércores, 19 Febreiro, 2020 (All day)