Plan de emprendemento


Programa Atrévete 2020-2021

O programa Atrévete ten como obxectivo dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

O programa vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O CIFP Politécnico de Santiago é o centro de referencia dos centros educativos de Santiago e dos centros da súa contorna.

As actividades desenvolveranse de forma virtual debido á situación sanitaria e tendo en conta o establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.

Os centros educativos que participan nesta convocatoria son:

VILA CENTRO CURSO
SANTIAGO CPR Plurilingüe Divino Maestro 6º primaria
ORDES CEIP Campomaior 5º primaria

 

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ao folleto informativo.

 

 
 
 
 

 

 

Share this post