Con motivo da celebración do día das letras galegas, durante este mes de maio levaremos a cabo as seguintes actividades:

- Xoves, 16 de maio, ás 11.30 horas: Lectura de textos de Antón Fraguas
- Luns, 20 de maio, ás 10.30 horas: Recreación da vida de Antón Fraguas polo actor Serafín Marcos
- Luns, 27 de maio, ás 19.30 horas: Conferencia "A Historia do Comic", a cargo da Libraría Komic
- Luns, 27 de maio, ás 20.30 horas: Concerto da coral Harmonia Stellae

Ademais, pedímosche que nos axudes a escoller o dito máis fermoso do Galego a través da seguinte ligazón ou escribindo no taboleiro do recibidor.

Preme sobre as seguintes ligazóns para descargar o cartel das actividades e acceder ao formulario para votar.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago.

 
 
 

 

Día e hora do evento: 
xoves, 16 Maio, 2019 (All day) a luns, 27 Maio, 2019 (All day)