Taboleiro

Taboleiro de Anuncios do Alumnado

ACREDITACIÓN 2016. PAGAMENTO DE TAXAS

ACREDITACIÓN 2016. PAGAMENTO DE TAXAS

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata que saia admitida nas listaxes definitivas de admitidos e excluídos terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.

A non presentación dos xustificantes de taxas en tempo e forma procedentes supoñerá a exclusión do aspirante.

Acreditación de competencias 2016. Publicación das Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

Acreditación de competencias 2016. Publicación das Listaxes definitivas de admitidos e excluídos 

Con data 11-04-2016 publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2016.

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de admitidos e excluídos. Convocatoria 2016

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de admitidos e excluídos. Convocatoria 2016  

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter presentado a documentación de emenda no prazo establecido para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2016.

14.03.2016

Conferencia sobre as Forzas Armadas

Conferencia sobre as Forzas Armadas

Mañá, día 8 de marzo, terá lugar unha conferencia sobre as Forzas Armadas no Salón de Actos do noso Centro.

Charla do Departamento de Orientación

Acceso á Universidade dende a FP

A próxima semana, o Departamento de Información e Orientación Profesional levará a cabo, no Salón de Actos, unha charla informativa ao alumnado de de Ciclos Superiores acerca do acceso á Universidade dende a Formación Profesional.

Curso de Traballos en Altura 2016

Curso de Traballos en Altura 2016

O día 11 de marzo dará comezo un curso de Traballos en Altura dirixido ao alumnado de segundo curso de todas as especialidades, modular e distancia.

Curso de Traballos en Altura 2016

Curso de Traballos en Altura 2016

A partir da segunda quincena de Febreiro dará comezo un curso de Traballos en Altura dirixido ao alumnado de segundo curso de todas as especialidades.

Páxinas