Taboleiro

Taboleiro de Anuncios do Alumnado

A FP faise forte nas sete cidades

A porcentaxe de titulados creceu un 74 % en sete anos: de menos de 9.000 a case 15.000

Das 23 familias temáticas de formación profesional que se dan en Galicia, 21 ofrécense nas sete cidades. É un exemplo de como as titulacións vanse concentrando nas zonas de máis demanda, e poténcianse nos centros integrados, antigos institutos mixtos reconvertidos en espazos onde só hai FP.

Finsa forma co Politécnico novos especialistas para as súas fábricas galegas

Contratou á maioría da primeira promoción de Mecatrónica Industrial e inicia outra con máis prazas.

Fonte: La Voz de Galicia

FP Dual

Presentación do ciclo de FP Dual de Redes e Estacións de Tratamento de Augas

No día de hoxe achegáronse ao CIFP Politécnico de Santiago o Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, D. Manuel Corredoira López, e o Director de Viacqua, D. Julio Masid Bande, para coñecer aos 14 alumnos e alumnas matriculados no ciclo medio Redes e Estacións de Tratamento de Augas.

Convocatoria xeral de bolsas para o curso 2016-2017

Convocatoria xeral de bolsas para o curso 2016-2017

No BOE do 13 de agosto de 2016 publicouse a convocatoria xeral de bolsas para o curso 2016-2017.

Os prazos para a presentación de solicitudes para estudantes non universitarios péchase o 3 de outubro de 2016. As solicitudes de bolsas deben tramitarse en todo caso dentro do período indicado, aínda que non coincida co período de matrícula.

O formulario debe ser cuberto por internet a través da oficina electrónica do Ministerio en: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=746

Páxinas