Taboleiro

Taboleiro de Anuncios do Alumnado

Charla sobre a Unión Europea

A Unión Europea, Back to school

O día 15 de outubro, Javier Calviño López impartirá unha conferencia sobre as posibilidades que ofrece a Unión Europea ao alumnado de ciclos formativos de Formación Profesional.

Para facer música non se necesitan equipos moi caros

Para facer música non se necesitan equipos moi caros

Ensinou a alumnado do Politécnico como producir sons electrónicos con materiais reciclados, sen utilizar ordenador.

No seu percorrido por centros de ensino, Mateo Mena Calavia (Santiago, 1983) impartiu onte dous talleres sobre música electrónica feita a man a alumnado do Politécnico.

J. Gómez

Foto: Álvaro Ballesteros

La Voz de Galicia, 12 de xuño de 2015

Charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil

Charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil

O día martes 23 de xuño ás 11 da mañán no Salón de Actos do centro, Mª José Díez Casado, Técnica da Oficina de Emprego Santiago-Norte, dará unha charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil actualmente vixente.

Esta charla irá especialmente dirixida ao alumnado de 2º que remate o ciclo.

Obradoiro de Música Electrónica feita a man

Obradoiro de Música Electrónica feita a man

O xoves, 11 de xuño, celebrarase un Obradoiro de Música Electrónica en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, para o alumnado de todas as especialidades do noso Centro.

Páxinas