Taboleiro

Taboleiro de Anuncios do Alumnado

Obradoiro de Música Electrónica feita a man

Obradoiro de Música Electrónica feita a man

O xoves, 11 de xuño, celebrarase un Obradoiro de Música Electrónica en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, para o alumnado de todas as especialidades do noso Centro.

Curso de Traballos en Altura

Curso de Traballos en Altura

O día 22 de maio dará comezo un curso de Traballos en Altura para o alumnado de segundo curso de todas as especialidades.

Concurso de Relatos Inspiraciencia

Concurso de Relatos Inspiraciencia

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Combinalas podexerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, dende a ficción.

O Pop Up Emprendedores chega á Universidade de Santiago de Compostela

A formación inclúe talleres de creatividade, co-working, comunicación, e xestión de proxectos.

NOVO: Acreditación de competencias 2015. Fase de asesoramento. Datas e lugares da primeira reunión (grupal)

NOVO: Acreditación de competencias 2015

Fase de asesoramento. Datas e lugares da primeira reunión (grupal)

Publicadas as listaxes de de persoas admitidas e excluídas, con data 10 de abril de 2015, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 16 de decembro de 2014 (DOG do 2 de xaneiro de 2015) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

Páxinas