Actividades

Actividades de carácter xeral que teñen lugar no Centro.

Reunión do Club de Lectura "Brétema"

Engurras

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o vindeiro luns, 26 de xaneiro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de Banda Deseñada de Paco Roca "Engurras".

Charla de Enerxías Renovables

O pasado mércores, 14 de xaneiro, o profesor de Física Aplicada da USC José Antonio Rodríguez Añón pronunciou unha conferencia no Salón de Actos do CIFP Politécnico de Santiago sobre Enerxías Renovables, cun grande éxito de público.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

Exposición de Proxectos 2014

Programa de Iniciativa Xoven

O vindeiro venres, 16 de xaneiro, no vestíbulo de entrada do noso centro, terá lugar unha exposición dos proxectos seleccionados no programa de iniciativa xoven 2014: "Manexo de biorreactores", "Uso dos Spin Air" e "Xogando coa Química".

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Conferencia divulgativa

Enerxías Renovables

O vindeiro mércores, 14 de xaneiro, terá lugar unha charla no noso centro sobre Enerxías Renovables, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida polo profesor de Física Aplicada da USC José Antonio Rodríguez Añón.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras

Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras

Preinscición no curso de Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras (Do 12 ó 19 de Decembro do 2014)

Curso obrigatorio para traballos en obra sobre Instalacións aéreas e en fachadas:

- Eléctricas.
- Telecomunicacións.
- Incendios.
- Seguridade.
- Detección de incendios.
- Instalacións singulares.
- Enerxía, gas, calefación e ACS.
- Montaxe e soldadura de estruturas metálicas.

REMATA O PRAZO DE PREINSCRICIÓN O XOVES, 11 DE DECEMBRO, ÁS 21.30

Reunión do Club de Lectura "Brétema"

Ardalén

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o vindeiro luns, 15 de decembro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de Banda Deseñada de Miguelanxo Prado "Ardalén".

Páxinas